top of page

A Nova Alternativa de Cruces aposta pola transparencia, o sentido común e o traballo en equipo

Anuncia que fará unha campaña en positivo, chea de propostas factibles e axeitadas a realidade económica do Concello, poñendo por encima de todo o mantemento e mellora dos servizos básicos a poboación


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A agrupación de electores Nova Alternativa de Vila de Cruces vén de realizar unha rolda de prensa logo de ser oficialmente xa, candidata a vindeiras eleccións municipais. En dita convocatoria ante os medios, o equipo de Nova Alternartiva pediu a estes que fosen os primeiros que entendesen que as comunicacións realizadas dende a agrupación serán sempre asumidas pola totalidade dos membros do equipo, fuxindo dos personalismos que tanto están danando a vida política actual de Vila de Cruces.

Neste senso o candidato a Alcaldía, Manuel Souto, expresou que o feito de que sexa el quen encabece a agrupación non e máis que unha decisión do conxunto que non ten maior importancia. "Nunha listaxe alguén ten que ser o numero 1 e alguén o 13, pero todos nós temos claros que en Nova Alternativa a forza está no traballo en equipo e na toma de decisións entre todos, achegando cadaquén o mellor de nos mesmos para poder ofertar unha proposta atractiva aos nosos veciños cara o vindeiro 28 M. Somos un equipo con ganas, sólido e comprometidos co noso pobo”.


A decisión de presentarse

Nova Alternativa manifestou e desenvolveu as premisas que lle fixo aos seus membros tomar a decisión de presentarse a estas eleccións municipais logo dunha fonda reflexión na cal se tiveron en conta todos os aspectos que rodean a este grupo de traballo. "Somos conscientes de que algúns de nós somos xente con pasado político, pero iso é precisamente o que nos leva a dar un paso que considerabamos necesario, logo de moitos anos na vida política do Concello nunca vivimos unha situación tan nefasta para os nosos veciños. O vivido nos últimos anos nun entorno onde a cuítas personales e as vinganzas están ocupando o espazo que antes tiñan a diferenzas políticas entre agrupacións, pero sabendo que o obxectivo de todos os grupos era mellorar a vida dos veciños, son algo ante o que non podiamos poñernos Nova Alternativa – Vila de Cruces de perfil".


Así mesmo, recalca que "hoxe Vila de Cruces pasou a un segundo plano, e aqueles que tivemos experiencia de xestión negámonos a ver como o traballo realizado durante anos na busca dun Concello mellor, se está tirando pola borda solo por quedar por encima do rival sen máis obxectivo que esa competición sen sentido”.


O equipo de Nova Alternativa conformouse arredor desta primeira reacción ante unha situación que consideran “insostible” e foise enchendo de xente nova que se achegaba co ánimo de formar parte duna nova forma de facer política dende a sensatez e o respecto as ideas de todo mundo. “Nós non estamos en contra de ninguén e estamos a favor dos veciños, ese é o fundamento do noso grupo”.


Ideario político

O ideario político de Nova Alternativa baséase en catro principios claros que son "a normalización da vida pública de Vila de Cruces que hoxe se atopa turbia e contaminada por personalismos mal entendidos; a transparencia nos feitos e nos ditos aos veciños aos cales nunca lles imos a mentir, senón que lle diremos con toda sinceridade o que se pode e o que non pode facer en función das posibilidades que existan en cada caso; a aposta por unha política feita dende o sentido común, realizando propostas realistas e axustadas á realidade cruceña, enfronte do que se ven vendo nesta precampaña onde se poden escoitar cada día propostas de proxectos inasumibles e inabordables para un Concello do noso tamaño, e que incluso de levarse a cabo xeraría problemas futuros de mantemento; e por último, o traballo en equipo, entendendo o mesmo como o feito entre os compoñentes da agrupación e tamén aquel que proporán facer en conxunto os partidos políticos que obteñan representación e os veciños para os cales non nos debemos esquecer nunca, temos que gobernar. Indo da man todos xuntos, políticos e futura corporación será mais fácil acadar obxectivos”.

Programa

Nova Alternativa anunciou que nos vindeiros días iran desenvolvendo o seu programa de goberno, facendo unha campaña en positivo onde tratarán de explicar aos seus veciños cales son as prioridades que se deben atender, que non son outras máis que o mantemento e mellora dos servizos básicos á poboación. "Isto é innegociable, antes de acometer ningún novo proxecto temos que garantir que os servizos existentes son os mellores que poden desfrutar os cruceños, e unha vez garantidos veremos a fórmula de acometer novas iniciativas que redunden nunha modernización real dun concello que ultimamente está sobrado de ideas peregrinas e falto de proxectos realistas que se poidan levar a cabo e supoñan melloras reais no día a día da xente”.


Xa por último a agrupación explica que nace "con identidade propia porque considera que se necesita gobernar Vila de Cruces dun xeito diferente do que están facendo ata o de agora, e que non veu a política municipal a ser nin muleta nin comodín de ningunha

outra formación". A agrupación de lectores Nova Alternativa presentou ademais a súa páxina de facebook, facebook.com/novaalternativaviladecruces onde iran formulando e explicando cales son a súas propostas para o futuro de Vila de cruces.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page