top of page

A Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño durará un mes

Nesta vixésima terceira edición, que arranca o día 25, participarán compañías de Galicia,

Extremadura, Cantabria e Venezuela


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; as encargadas do apartado de Produción Ana García Negro, Estrela Blanco Taboada e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron este xoves no Salón de Actos do Concello a XXIII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

Nesta vixésima terceira edición participarán compañías de Galicia, Extremadura, Cantabria e Venezuela. O programa desta edición queda como segue:


XOVES, 25 DE AGOSTO.

GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.

AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.

OBRA: Reviracontos.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


VENRES, 26 AGOSTO.

GRUPO: AVELINO GONZÁLEZ.

OBRA: Contos de contrabando.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.


SÁBADO, 27 AGOSTO.

GRUPO: Grupo de Teatro La Burla (Cáceres).

OBRA: Bruxas.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


DOMINGO, 28 AGOSTO (Dobre función).

GRUPO: ALENTÍA TEATRO.

OBRA: Conversas con Óscar Varela.

HORARIO: 18:00 horas.

LUGAR: Pastelería Dulce María.


GRUPO: GRUPO DE TEATRO O XEITO, de Esteiro (Muros).

OBRA: Am@te.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


MÉRCORES, 31 AGOSTO.

GRUPO: OLGA ABAD.

OBRA: Arrivederci Roma.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.


XOVES, 1 SETEMBRO.

GRUPO: MARÍA ALEJANDRA GÓMEZ.

OBRA: Murmuraban as miñas veciñas.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.


VENRES, 2 DE SETEMBRO.

GRUPO: Iseo A Moura.

OBRA: Se as árbores falaran.

HORARIO: 20:30 horas.

LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.


SÁBADO, 3 SETEMBRO.

GRUPO: SON D’ALDEA.

OBRA: Son das carballeiras.

AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro e Alentía Teatro.

HORARIO: 9:30 horas.

LUGAR: Sairase do campo da festa da aldea de Santo Xusto ás 9:30.


VENRES, 9 DE SETEMBRO.

GRUPO: Grupo ATENEO, de Pozuelo de Alarcón.

OBRA: Páncreas.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


SÁBADO, 10 SETEMBRO.

GRUPO: Metátese Teatro, de Palas de Rei.

OBRA: Escola de vaqueiras.

HORARIO: 21:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


SÁBADO, 24 SETEMBRO.

GRUPO: Entrecajas Fusión Teatro, de Cantabria.

OBRA: La nº 7.

HORARIO: 20:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


DOMINGO, 25 SETEMBRO.

GRUPO: Compañía Regional de Teatro de Carabobo (Venezuela). Actor:

Rafael Fajardo.

OBRA: La Lengua.

GRUPO: Rendija Danza Andante, de Palas de Rei.

OBRA: Danza contemporánea.

HORARIO: 20:00 horas.

LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


XXII PREMIO MÁCARA: Avelino González.

XVII PREMIO CAREÓN: Xoán Carlos García Porral.

V PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL. Grupo Naturalista Hábitat.


Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, excepto a do venres 2, de setembro, que terá lugar no PARLADOIRO de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá, ás 20:30 horas; o sábado, 3 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de Santo Xusto e que se sairá ás 10:00 horas do campo da festa desta aldea. As dúas funcións do sábado 24 e domingo 25 de setembro serán ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei.

O sábado, 3 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o XVII Premio Careón ao escritor dezá Xoán Carlos García Porral en recoñecemento ao seu labor como escritor, dinamizador da cultura galega e defensor do mundo rural. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXII Premio Mácara a Avelino González pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural. O sábado, 10 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o V PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL,dotado con 1000 euros e plica ao GRUPO NATURALISTA HÁBITAT. Este premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA TEATRO E METÁTESE TEATRO.


Entre os argumentos empregados polo XURADO destacan:

1.- O traballo decidido a prol do estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia.

2.- A contribución do grupo na protección de numerosos espazos naturais.

3.- Levar a cabo traballos de alto valor pedagóxico coma: Organización de censos, mostraxes, inventarios e informes científicos; organización de xornadas formativas, excursións, charlas, conferencias e cursos; edición de publicacións de carácter científico e divulgativo tanto impresas como en formato dixital; presentación de alegacións a proxectos e elaboración de denuncias por delitos contra o medio natural; participación en movementos sociais que teñen como unha das súas finalidades a protección e a conservación do medio natural e a colaboración activa con outras entidades ambientalistas.


Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de 300 compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...

METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación Teatral Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación na actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.


Para máis información:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page