top of page

A maxia dos Reis Magos inunda as comarcas

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

Os Reis Magos este mércores en Touro facendo entrega de agasallos.

O coronavirus non puido coa maxia dos tres Reis Magos de Oriente, que recorreron este mércores os distintos rincóns das comarcas. Aínda que con moita precaución, nalgunhas localidades percorreron as rúas, noutros municipios visitaron as distintas parroquias e noutros lugares recibiron un por un aos cativos que aproveitaron as últimas horas para volver recordarlles as súas peticións.


Os Magos de Oriente confesáronlle a ECOS DA COMARCA que foron moitas as cartas que recibiron e promentéronos que este ano van ser moi xenerosos porque saben que moitos pequenos loitaron nas últimas semanas contra a Covid ou tiveron que vacinarse para vencer esta pandemia.


Hoxe toca deitarse cedo mentres que ás Maxestades de Oriente lles espera unha noite de moito traballo, pero todo merece a pena pola ilusión e os sonrisos dos máis pequenos. Toca agardar a mañá para comprobar se seguiron ao pé da letra as cartas. E oxalá que tamén traian moita saúde que o que todos precisamos! Feliz noite de Reis!

Os Reis Magos e os seus paxes en Agolada co alcalde do municipio.

 
 

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page