top of page

A música tradicional é a gran protagonista hoxe en Silleda polo Día das Letras Galegas

O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo pechará co ciclo Musigal da Deputación o concerto no que actuarán os grupos de gaitas e acordeóns da EMUSI e con motivo do recital estarán tres rúas pechadas ao tráfico


Laura Moure/Silleda

Silleda celebra hoxe, mércores, Día das Letras, un festival no que a música e a tradición serán as protagonistas da xornada festiva en Silleda, que arrancará cun pasarrúas do Grupo de Gaitas da Escola de Música, rematando na praza Siñor Afranio. Alí sobre o

escenario actuarán arredor das 12:30 horas o grupo de acordeóns da EMUSI, que darán paso ao concerto do Musigal, da Deputación de Pontevedra, protagonizado por Anxo Lorenzo.

O intérprete moañés, que foi discípulo de Carlos Nuñez, actuará na praza Siñor Afranio, despois de subir nos últimos anos aos escenarios dos máis importantes festivais do mudo celta (Lorient, Ortigueira, Folkherbst de Alemania ou o William Kennedy Internacional Festival Piping), realizando ademais xiras por numerosos países.


Con motivo da celebración do citado recital, estarán pechadas ao tráfico dende as 9:00 e ata as 15:00 horas as seguintes rúas:

  • Rúa Progreso (dende o cruce con Condes do Deza ata a intersección con República Arxentina e Alonso Paz.

  • Rúa Castrelo.

  • Rúa Antón Alonso Ríos.

Así mesmo, haberá xogos tradicionais durante a xornada na praza para os nenos e nenas

Xa o xoves 18, a figura de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle adica este ano o Día das Letras, protagonizará un dos obradoiros para a cativada que se organizan dende a Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao, ás 17:00 horas.


E o venres 19, ás 20:00 horas, proxectarase en Vista Alegre, no marco do programa O pasado por vir, da Deputación de Pontevedra, o documental “Mariví, na pel da memoria”, que repasa a traxectoria da escritora Mariví Villaverde, compañeira de Ramón de Valenzuela, realizado por Coral e Laura Piñeiro no marco dos actos do

centenario do seu nacemento.

O Centro Cultural Vistalegre, no que onte arrancou tamén a mostra Dezarte, acolle nesta xornada unha homenaxe a Xosé Casal, mestre e dinamizador da vila, que será nomeado Socio de Honra da entidade.





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page