top of page

A lingua e a tradición popular collen impulso na Biblioteca de Arzúa

Acollerá hoxe unha proposta que combina a narración oral e a ilustración en directo


Laura Moure/Arzúa

Despois do éxito da pasada semana co espectáculo “Contos nas orellas”, a campaña “En galego… ata o infinito e máis alá!”, impulsada pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa, continúa hoxe, venres 6 de xuño,cunha nova actividade dirixida ao público familiar. Ás 18:00 horas, a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro acollerá o contacontos ilustrado “Cantareiras, poesía popular nas letras galegas 2025”, da man de Polo Correo do Vento. A proposta combina narración oral e ilustración en directo co obxectivo de achegar á infancia o valor da poesía oral e das pandeireteiras como transmisoras da lingua e da cultura galegas.

A concelleira de Normalización Lingüística, Lucía López, destaca que “con este programa estamos a facer da biblioteca un espazo de lecer no que as familias e as crianzas se achegan ao galego dun xeito natural e divertido”. E engadiu que “a perda de falantes da nosa lingua propia entre a xente nova confirma que é fundamental que o galego estea presente en todos os ámbitos da vida, especialmente nas primeiras etapas”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A campaña “En galego… ata o infinito e máis alá!”, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, está a consolidarse como un punto de encontro semanal arredor da lingua, onde o galego se vive con normalidade e se lle amosa ás máis pequenas e pequenos todo o seu potencial creativo desde os primeiros anos de vida.


Desde o Concello de Arzúa anímase á veciñanza a participar nesta nova cita que mestura tradición oral, ilustración e música, reivindicando a forza da cultura popular como camiño para fortalecer o uso do galego entre as novas xeracións. 





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page