top of page

A labrega silledense María José Tallón e a zoqueira cruceña Elena Ferro protagonistas dun calendario

Forman parte de ‘Elas nos oficios’, un proxecto impulsado pola creadora de Portonovo Andrea Area, que pretende render homenaxe a 12 mulleres que manteñen vivos traballos e formas de vida vencelladas á tradición galega


Laura Moure/Deza

A labrega María José Tallón (Cortegada, Silleda), a zoqueira Elena Ferro (Merza, Vila de Cruces) e a torneira Isabel Neira (A Estrada) son tres das protagonistas que forman

parte de ‘Elas nos oficios’, un proxecto impulsado pola creadora de Portonovo (Sanxenxo) Andrea Area, que pretende render homenaxe a 12 mulleres que manteñen vivos traballos e formas de vida vencelladas á tradición galega.

Andrea Area cos seus calendarios.

Este proxecto consiste na elaboración dun almanaque para o ano 2024, no que en cada mes aparece representada cada unha destas protagonistas. As creacións foron realizadas con carboncillo acuareable e tinta, a través dun proceso que se prolongou desde agosto ata outubro. No caso das veciñas do Deza e do Tabeirós, a ilustración de Elena Ferro representa o mes de febreiro, mentres que María José Tallón corresponde ao mes de abril e Isabel Neira a setembro. Andrea Area explica que esta iniciativa pretende ser “unha homenaxe en vida para estas mulleres bravas, que, a través do seu esforzo cotiá, manteñen latentes e activos oficios tradicionais que, sen elas, probablemente en

moitos casos xa se terían perdido”.


Publicidade

Ademais de dar vida ao almanaque, que se pode adquirir na páxina web andreaarea.com tanto en formato parede como de sobremesa, a posta en marcha deste proxecto en chave feminista tamén incluíu un arduo traballo de investigación previo. A creadora de Portonovo contactou con doce mulleres de diferentes lugares da xeografía galega. Desde a propia

bisbarra dezá, pasando pola comarca do Salnés, a ría de Arousa, Santiago, Muxía ou O Carballiño, Andrea Area atopou “toda a colaboración do mundo” por parte destas mulleres, feito que lles agradece “infinitamente”.


Á hora de representar os labores de labrega, zoqueira e torneira, a autora de ‘Elas nos oficios’ elixiu a María José Tallón, Elena Ferro e Isabel Neira. “A elección non foi difícil, porque estamos a falar de tres mulleres que son grandes referentes nos seus respectivos sectores”, explica a creadora sanxenxina, que pon como exemplo concreto da esencia do

seu proxecto a Isabel Neira, a única torneira galega.


Publicidade

Con este almanaque, Andrea Area da un xiro de 180 graos con respecto a coleccións previas, nas que a acuarela e os paisaxes e as diferentes illas galegas foron protagonistas. “Alégrome moito de ter feito este cambio, porque me brindou a oportunidade de coñecer e poñer en valor a mulleres incribles, dunha enorme calidade humana”, afirma. A colección ‘Elas nos oficios’ está acadando unha gran resposta.


Prezos

As 100 unidades postas á venda (50 almanaques de sobremesa e 50 de parede) están a ter moita demanda. “A día de hoxe xa se vendeu máis do 60%, é unha colección limitada”, explica a súa autora. Os almanaques de sobremesa teñen un custe de 16,5 euros, por 22,50 os de parede. Tamén é posible adquirir un ‘pack’ de ambos formatos por 36 euros.

O sábado 18 será o día que terá ao público máis novo como protagonista. Así, de 17:00 a 20:00 horas celebraranse actividades infantís. A continuación haberá un campionato de truco.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page