top of page

A ITV fixa de Palas de Rei suporá un volumen de emprego superior aos dez traballadores

O alcalde da localidade declarará este proxecto como de interese municipal


Laura Moure/Palas de Rei

O alcade de Palas de Rei, Pablo Taboada, amosa a satisfación pola recente concesión dunha estación de ITV fixa neste municipio. O anuncio desta nova instalación, realizábase a semana pasada, nun acto na propia localidade, que contou coa presencia de representantes da Xunta de Galicia, dos membros da Corporación Municipal de Palas de Rei e da empresa concesionaria do servizo en Galicia SyC-Applus. Esta estación de ITV

fixa en Palas de Rei, comenzarase a construír no vindeiro ano e estará en funcionamento en 2024, ocupando unha superficie de 2.000 metros cadrados da terceira fase do Polígono Empresarial.

Taboada tamén amosa a dispoñibilidade para declarar o proxecto como de interese municipal. "Xa que cumpre coas condicións esixidas para o mesmo. Isto supón unha inversión superior a un millón de euros e un volumen de emprego superior ós dez traballadores”, recalca.


NOTICIA RELACIONADA (SOBRE ESTA ITV FIXA):


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page