top of page

A iniciativa 'Camiño da Innovación' chega a Melide o 2 de decembro

O seu obxectivo é prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar


Laura Moure/Melide

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), pon en marcha a iniciativa Camiño da Innovación, un espazo itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas, entre estes Melide, durante os meses de novembro e decembro -en horario continuo de 9 a 18 horas-, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Esta actuación, que se desenvolverá a bordo dun tráiler, contará con 18 etapas, a primeira delas o vindeiro venres 5 de novembro en Vilalba. Camiño da Innovación inscríbese no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes posto en marcha pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, unha actuación específica

dotada con 12 millóns de euros para axudar ás pemes e microempresas galegas a investir en innovación, con foco nas empresas con potencial para innovar pero que aínda non o fixeron, principalmente as situadas en núcleos non urbanos.


Cada etapa constitúe un punto de encontro onde se presentarán tres casos de pemes

innovadoras da contorna, un total de 54 casos de éxito que están a competir en mercados

internacionais e que son exemplo de que a innovación se pode pór en marcha en calquera

sector e empresa. A participación no encontro require inscrición previa a través da web de

Gain.


Ademais, realizaranse máis de 200 asesoramentos a pemes onde se analizarán as oportunidades de innovación e como poñela en marcha coas ferramentas que lle funcionan

a outras empresas. Para conseguilo, contarase con expertos capaces de ofrecer unha

visión obxectiva sobre as capacidades de innovación de cada peme.


Con estes asesoramentos, axudaraselle a cada empresa a elaborar unha folla de ruta que

lle permita poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles.

As empresas interesadas en solicitar asesoramento poden facelo a través da web da

Axencia, no apartado Camiño da Innovación.


Poranse a disposición do público tamén materiais explicando as ferramentas e técnicas de

innovación, que se irán incrementando con novos contidos durante 2022, e un curso en

liña sobre aspectos básicos da innovación.


Calendario:

  • 05/11/2021 Vilalba

  • 08/11/2021 Cervo

  • 09/11/2021 As Pontes de García Rodríguez

  • 10/11/2021 Bergondo

  • 11/11/2021 Ordes

  • 15/11/2021 Caldas de Reis

  • 16/11/2021 Santa Comba

  • 17/11/2021 A Estrada

  • 18/11/2021 Ponte Caldelas

  • 22/11/2021 Salvaterra de Miño

  • 23/11/2021 Ribadavia

  • 24/11/2021 San Cibrao das Viñas

  • 25/11/2021 Xinzo da Limia

  • 29/11/2021 A Veiga

  • 30/11/2021 Monforte

  • 01/12/2021 Chantada

  • 02/12/2021 Melide

  • 09/12/2021 Meira

Máis información e inscrición: https://bit.ly/caminodainnovacion

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page