top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A información pública a autorización para a depuración das augas residuais da mina de Touro

Demandan permiso para un caudal máximo de 1,44 hm³ de augas industriais depuradas ao rego Pucheiras e dun caudal máximo de 535,5 m³/ano de augas fecais depuradas por infiltración no terreo


Ecos da Comarca/Touro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, somete a información pública a solicitude de autorización para a depuración das augas residuais industriais na mina de Touro.

A Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública esta petición de autorización por parte da empresa explotadora Explotaciones Gallegas, S.L., que ten por obxectivo a mellora da calidade das augas acumuladas na explotación.

Nun prazo de 30 días, contados a partir de hoxe, os interesados poderán presentar as súas achegas ante Augas de Galicia. No seguinte enlace ao DOG pode ampliarse a información deste anuncio: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231005/AnuncioO143-250923-0001_gl.html.

Trátase de completar o proceso de depuración das augas residuais industriais almacenadas na corta de Vieiro, bombeadas cara a unha planta de tratamento de augas de tipo fisicoquímico en dúas fases.

Publicidade

Esta planta, nunha primeira fase, consta dun tanque de aireación, que recibe as augas residuais brutas e os lodos desde o decantador lamelar, e no cal se realiza o axuste de pH e a insolubilización de hidróxidos metálicos. Nesta fase tamén operan un tanque de floculación; un de decantación, desde o que se conducen os lodos ao de neutralización; e un de auga tratada, que recibe o efluente para o seu bombeo á segunda fase.

Tras unha segunda fase na que se conclúe o proceso de depuración das augas residuais industriais, estas vértense por gravidade ao rego Pucheiras, no concello de Touro. As augas residuais fecais xeradas tamén son tratadas nos seus respectivos sistemas de depuración e vértense por infiltración no terreo mediante sistemas de gabias filtrantes.

Publicidade

O que agora se somete a información pública é a solicitude de autorización para un caudal máximo de 1,44 hm³ de augas residuais industriais depuradas ao rego Pucheiras, na conca do río Ulla, e dun caudal máximo de 535,5 m³/ano de augas residuais fecais depuradas por infiltración no terreo.

O obxectivo último da actuación é tratar axeitadamente os actuais pasivos da mina de cara a acadar unha mellora da calidade das augas da explotación.

0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page