A cita, no marco do Día Internacional da Muller, será no auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 horas
Laura Moure/Silleda
O vindeiro sábado 5 de marzo celebrarase en Silleda, no auditorio da Casa da Cultura o coloquio baixo o lema Máis vale soa, no que participará Raquel Riba Rossy, a artista que está detrás do popular personaxe de Lola Vendetta, acompañando ao empoderamento feminino cas súas ilustracións. A cita organizada dende o departamento de Igualdade do Concello a través do CIM, é aberta ao público –con inscrición previa- e está enmarcada nas celebracións do 8-M, Día Internacional da Muller. Será ás 18:00 horas.

Esta sesión, que estaba prevista para o pasado mes de decembro, cancelouse por motivos de saúde da autora. Debuxante, cantautora e escritora, conta con máis de medio millón de seguidores na súa canle de Instagram. Enfocada a empoderar o feminino especialmente en España, México, Colombia e Argentina, Riba Rossy crea no ano 2014 Lola Vendetta unha mullera fiada, mordaz, contundente e en palabras da súa creadora a mujer afilada “sin pelos na lingua e que se enfronta a todo o que non lle gusta da vida, comezando polos homes que non a respetan”.
Nas súas conferencias de temática feminista están presentes temas coma o empoderamento da muller ou as novas masculinidades. Na sesión de Silleda asinará tamén exemplares da súa saga literaria.
Todas as persoas que desexen asistir poden anotarse no Centro de Información á Muller (CIM), chamando ao 986 592037 ou enviando un mail a cim@silleda.es
Comments