top of page
Foto del escritorLaura Moure

A ilustradora Belén Diz expoñerá en Arzúa unha colección de debuxos totalmente realizados con bolígrafos BIC

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza dentro da programación de Nadal a exposición Murmulllos anidados de Belén Diz. Un boli bic e un talento que traspasa fronteiras. Ese podería ser un resumo rápido da traxectoria e o traballo de Belén Diz Juncal (1993), ilustradora marinense graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posteriormente titulada no máster de álbum ilustrado e animación musical.


Publicidade

A súa técnica máis sobresaínte é a que lle leva a consumir miles de bolígrafos BIC, rachando nun papel infinidade de realidades “que pretenden completar a súa propia”, tal e como se pode ler na súa biografía.


Publicidade

O traballo de Diz engloba diferentes temas e disciplinas, entre as que destacan as ideas da infancia, o corpo e o fogar como refuxio, atravesando o proceso de madurez dos suxeitos que retrata, extraendo momentos puntuais do ámbito privado e da memoria dos mesmos. Os seus debuxos teñen ese corte realista que os fai tremendamente atractivos, e que combina con luces, sombras, enfoques e desenfoques.


A exposición inaugurarase o vindeiro martes día 26 ás 12:00 horas na Capela da Madanela cun acto aberto ao público que contará cunha degustación de queixo ofrecida pola Queixería Barral. A mostra poderá visitarse ata o 30 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 18:30 a 20:30 horas.


Publicidade

O concelleiro de Cultura, José Luís García López, convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta mostra salientando que “unha vez máis a arte ten cabida na programación cultural, neste caso na do Nadal, despois de pechar en novembro un exitoso

programa de exposicións que desde a pasada Semana Santa rexistrou máis de 11.000 visitas”.

0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page