top of page

A gasolineira Plenoil non se instalará en Barrio do Campo, en Silleda tras tres anos de loita

O alcalde silledense mantivo hoxe un encontro ca veciñanza para comunicarlle que a empresa desiste desta ubicación


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo hoxe un encontro ca veciñanza do Barrio do Campo, onde a firma Plenoil ten previsto ubicar unha gasolinera low cost, para comunicarlles

novidades sobre o caso. Así, Cuiña explicou aos veciños e veciñas presentes que a empresa vén de comunicarlle a busca doutra ubicación para a gasolineira no municipio, “novidades que son froito da xestión dos últimos meses pero tamén un triunfo da veciñanza que se mantivo firme”, indica o rexedor.


Segundo explicou, a empresa ten previsto tramitar nas vindeiras datas os permisos pertinentes para a nova ubicación. Os veciños presentes amosaron a súa ledicia por este cambio despois de tres anos de loita para evitar a que a gasolinera se ubicase no barrio.

O pasado mes de outubro coñeceuse o fallo xudicial que estimou o recurso da firma Plenoil contra a decisión da Xunta de Galicia de non formular declaración de incidencia ambiental.


O goberno local, que se personou na causa, sempre mantivo que a ubicación, tan preto de vivendas e edificios, non era a axeitada e convidou dende o primeiro momento á empresa a buscar outras alternativas. O Concello de Silleda, que seguiu en contacto cos veciños residentes nas inmediacións da parcela de Barrio do Campo dende que a empresa presentou o proxecto en outubro de 2019, alegou en xaneiro de 2021 contra a ubicación da gasolineira, aducindo entre outros a proximidade a vivendas.

Un mes despois, en febreiro dese mesmo ano, a Consellería de Medio Ambiente resolveu que non procedía a declaración de incidencia ambiental en base ao informe do Concello de data 14 de xaneiro de 2021 no que se advirtía que o uso solicitado non era complatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda. “Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas”, recalca o mandatario.


Plenoil recurriu a decisión autonómica, nunha demanda na que tamén se personou o Concello de

Silleda e os veciños da contorna. Ese recurso deu pé depois a sentenza do pasado mes de outubro.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page