A Garda Civil dá unha charla sobre seguridade aos maiores en Silleda
Ecos da Comarca/Silleda

Hoxe tivo lugar unha charla de axentes da Garda Civil sobre seguridade para os maiores no Centro Social de Silleda.
"Ao igual que a pasada semana no centro da Bandeira, aproveitando a celebración de actividades do programa Silleda Activa, nestas sesións abordáronse cuestións como as estafas do gas, chamadas telefónicas, etc. Tamén se lles entregou información cos números de teléfono para chamar en caso de dúbidas", explica o Concello.