Julio López confirma que esta Festa de Interese Turístico de Galicia será o primeiro domingo de setembro se non hai novas restricións por parte dos técnicos sanitarios.
IsmaelRS/Vila de Cruces
Desde o ano 1993 pódese gozar en Vila de Cruces, desta festa que enxalza este produto, co interese de promocionar un produto criado de maneira natural e en moito dos casos ao aire libre, por máis dunha vintena de produtores, unha festa gastronómica repleta de actividades culturais e musicais que logra multiplicar por 3 os seus habitantes. O segredo deste galo de curral radica na súa alimentación, xa que se cría unicamente con cereais, como millo, trigo e cebada, sen aplicar á súa alimentación ningún tipo de aditivos.
Está festa tivo que ser cancelada o ano pasado debido ao Covid-19 rompendo unha tradición anual e que seria a XXVII da súa edición. Pois despois dun ano continuamos loitando contra a pandemia, cunha excepción, que agora a maior parte da poboación de risco está vacinada, o que segundo as autoridades sanitarias, logrará inmunizarnos e poder volver á normalidade.
Con este motivo o responsable de Cultura e tenente de alcalde Julio López vén de confirmar que este ano 2021 celebrarase a XXVII Festa Gastronómica do galo de Curral o primeiro domingo de setembro que este ano cadra en día 5 para poder promover estes produtos á máxima afluencia de visitantes e así axudar a reactivar a economía local nuns momentos tan difíciles para os criadores e hostaleiros, tamén confirma a realización do XXVII Festival de Bandas de Galicia.
Polo cal o grupo de Goberno decidiu aprazala a esta data por seguridade e responsabilidade, á vez que tamén se pretende que o evento poida realizarse coa maior normalidade posible, pero tamén baralla a posibilidade de cambios se as autoridades sanitarias os obrigan.
Comentarios