O tenente de alcalde, Julio López, confirma que esta Festa de Interese Turístico de Galicia volverá ás súas orixes
Laura Moure/Vila de Cruces
Desde o ano 1993 pódese gozar en Vila de Cruces da Festa Gastronómica do Galo de Curral co interese de promocionar un produto criado de maneira natural e en moito dos casos ao aire libre, por máis dunha vintena de produtores. Ademais, tal e como sinala o Concello trátase dunha festa gastronómica repleta de actividades culturais e musicais que
logra multiplicar por tres os seus habitantes. "O segredo deste galo de curral radica na súa
alimentación, xa que se cría unicamente con cereais, como millo, trigo e cebada, sen
aplicar á súa alimentación ningún tipo de aditivos", incide.

Está festa tivo que ser cancelada e cambiada de data debido á Covid-19 rompendo unha tradición anual de celebrala no mes de maio. Este sábado o tenente de alcalde, Julio López, confirmou que tras reunirse cos seus compañeiros de goberno, decidiron celebrar a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral o vindeiro 29 de maio como era de costume.
Con este motivo o responsable de Cultura e tenente de alcalde ten previsto manter sendas reunións cos criadores de Galo de Curral, cos hostaleiros da zona e cos colaboradores da que vai a ser a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral en Vila de Cruces, "para poder promover estes produtos á máxima afluencia de visitantes e así volver a darlle o prestixio que se merece esta festa gastronómica e reactivar a economía local".
Julio López avanzou que haberá grandes sorpresas, con actuacións con artistas de renome e para todos os públicos, nas que xa leva traballando varios meses na elaboración e continua cerrando a programación e confía que a mediados de este mesmo mes xa se poida elaborar o cartel para a súa presentación.
Commentaires