top of page

A Festa da Empanada da Bandeira terá o seu propio torneo de golf

O Club de Golf Val de Rois acollerá o I Torneo de Golf Festa da Empanada o sábado 23 de xullo


Laura Moure/Silleda

A directiva da Asociación Amigos da Empanada de Bandeira continúa coa súa campaña de promoción da Festa da Empanada, coa novidade de que este ano será presentada por partida dobre: o 22 de xullo na vila de Bandeira e o 23 no Concello de Rois. O sábado 23 de xullo, Amigos da Empanada estreará o I Torneo de Golf “Festa da Empanada” en colaboración co Club de Golf Val de Rois, presidido por Ramón Otero Sotelo, veciño de Bandeira.

Con este tipo de actos, Amigos da Empanada busca “promocionar a Festa da Empanada e a vila de Bandeira en todos os espazos posibles” co obxectivo de lograr a declaración de festa de Interese Turístico Nacional, e agradece “o apoio e compromiso de persoas como Moncho, que sempre están ao pé do canón para impulsar todas as nosas iniciativas”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page