A feira do día 22 de Arzúa acollerá a visita do Apalpador e o reparto gratuíto de calendarios
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que, dentro da programación de Nadal, a feira do 22 de decembro contará con dúas actividades.
Por unha banda, o propio Apalpador visitará durante a mañá do mércores 22 este municipio directamente desde o Courel. Paseará polas rúas da vila acompañado por música tradicional en directo a cargo de O Bringuelo e faráo entre as 12:00 e as 14:00 horas.

O percorrido sairá do Multiusos Terra do Queixo para pasar polas rúas Padre Pardo, Avenida de Lugo, Praza de Galiza, Ramón Franco, Fraga do Rei, Alcalde Juan Vidal, Praza de Galiza e regreso ao Multiusos Terra do Queixo. En caso de mal tempo, o Apalpador agardará nas entradas e no interior do Multiusos Terra do Queixo.
E, por outra banda, as 12:00 horas farase un reparto gratuíto de 500 exemplares do calendario 2022 que o Concello xa comezou a distribuír nos lugares de costume hai dúas
semanas. Será unha nova oportunidade para facerse co novo almanaque que leva por título Arzúa, en galego os 365 días do ano. O reparto farase na entrada principal do mercado.