top of page

A familia do cura Don Carlos Méndez doa a súa biblioteca persoal e outras pezas a Monterroso

Laura Moure/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, asinou o venres na Casa do Concello un documento cos sobriños do cura Don Carlos Méndez que recolle a doazón ao Concello de Monterroso de numerosa documentación que compuña toda a súa biblioteca persoal, entre as que se atopan ademais moitas pezas de carácter histórico e artístico. Na sinatura participaron o rexedor de Monterroso e tres dos sobriños do párroco: Luis, Carlos e Anxo Rodríguez Méndez.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


O documento asinado é un protocolo previo antes de formalizar outro documento notarial cando todo o material se atope rexistrado; máis de 1.000 exemplares entre pezas, documentos e libros que van desde o ano 1.500 ata a actualidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os tres sobriños de Don Carlos presentes na sinatura puxeron como condición que este legado permaneza sempre para o Concello de Monterroso. De incumprir esta claúsula, habería que devolverllo todo á familia.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O rexedor agradece á familia de Don Carlos a doazón deste importantísimo legado que achega documentos de gran relevancia sobre a localidade como a construción da igrexa, da propia Casa Consistorial, textos de historia ou etnografía, entre outros. "É un legado dun valor incalculable que agradecemos que poida custodiar o Concello de Monterroso", precisa Eloy Pérez.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page