A exposición 'Os Maragatos da Porta de San Pedro' xa se pode visitar en Monterroso ata o 14 de abril
Está no Centro de Interpretación “A Vila das Feiras”
Laura Moure/Monterroso
O Centro de Interpretación “A Vila das Feiras” de Monterroso acolle desde o luns a exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente nas bibliotecas de Lugo, A
Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense. A exposición, que estará en Monterroso ata o 14 de abril, foi inaugurada o luns despois dunha pequena andaina polo Camiño dos Maragatos. No acto participaron Eloy Pérez Sindín, alcalde de Monterroso; Manuel Antonio Fernández Piñeiro, director territorial da Consellería de Cultura en Lugo; María José Gómez Alvite, responsable do Centro de Interpretación; María del Carmen Pérez-Carro García, en representación da familia Pérez-Carro; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.

A Mostra está composta por 12 paneis -en galego e castelán- e dúas vitrinas con obxectos e documentos, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuitamente aos visitantes.
Publicidade
A exposición poderá visitarse ata o 14 de abril en horario de 11:00 a 13:00 horas, agás os domingos, que abrirá de 10:00 a 12:00 horas e os xoves, de 17:00 a 19:00 horas.
Máis información da historia dos Maragatos da Porta de San Pedro no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-centro-de-interpretaci%C3%B3n-a-vila-das-feiras-de-monterroso-acoller%C3%A1-a-mostra-os-maragatos-da-porta








Comentarios