top of page

A exposición 'El Camino ilustrado. Un viaje pintado por Alicia Aradilla' estará no Castelo de Pambre

Permanecerá aberta para a súa visita do 7 de setembro ata o 9 de outubro, na Sala de Exposicións


Laura Moure/Palas de Rei

A Fundación, Abanca e o Concello de Palas de Rei asinaron este pasado xoves un convenio de colaboración para amosar a exposición El Camino ilustrado. Un viaje pintado por Alicia Aradilla no Castelo de Pambre. Ao acto de firma, acudiron os coordinadores institucionais de Abanca en Lugo e da Fundación en Lugo e Ourense, Óscar Rodríguez e Beatriz Fernández- Anguiano e o alcalde de Pala de Rei, Pablo Taboada.

Dita exposición, recolle 60 acuarelas realizadas pola ilustradora e autora de cuadernos de viaxe, Alicia Aradilla. Con tres sección fundamentais: “El Camino”; “Los caminantes” e “Compostela. La ciudad y su patrón” e textos explicativos do doutor en historia e experto medievalista Feliciano Novoa

A mostra, permanecerá aberta para a súa visita do 7 de setembro ata o 9 de outubro, na Sala de Exposicións do Castelo de Pambre en Palas de Rei, en horario de martes a domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A exposición, complementarase ademais cunha sección dedicada ao movemento sketch urban (debuxo do entorno natural e cotia a través de ciudades, camiños e viaxe) e do que Alicia Aradilla é unha referente internacional.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page