top of page

A estrada Rodeiro-Oseira loce firme renovado grazas ás obras promovidas pola Deputación

Laura Moure/Rodeiro

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de reposición de firme levadas a cabo na EP-6202, que une as localidades de Rodeiro e Oseira e que tiñan por obxecto mellorar a seguridade nesta estrada ao abeiro do modelo de mobilidade segura e sostible que promove a institución provincial. O deputado de Infaestruturas, Gregorio Agís, visitou este venres xunto ao alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, os traballos desenvolvidos neste viario, que tiñan un orzamento de 431.262 euros e foron asumidos integramente con fondos provinciais.

Esta ambiciosa actuación permitiu mellorar as condicións de rodadura dos aproximadamente 7,2 quilómetros que ten esta estrada provincial e que foron divididos en tres tramos para a súa execución, situados ao comezo da infraestrutura, no tramo medio e na parte final colindante con Ourense.

Deste xeito, os traballos reposición do firme tiñan por obxecto salvagardar a debida prestación do servizo público viario e mellorar a seguridade. Para iso demoleuse o firme asfáltico da estrada que se atopaba en mal estado, e procedeuse ao novo asfaltado, á elevación dos pozos de rexistro e tapas de sumidoiro ata a nova rasante, así como á instalación de tuberías de drenaxe e o pintado do pavimento.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page