Oferta distintas especialidades tanto no seu centro silledense como no da Bandeira
Laura Moure/Silleda
A Escola de Música de Silleda (Centro de Silleda e Centro de Bandeira), mantén aberto
o plazo de matrícula, ata o día 15 de setembro, para este curso 2023/2024 que arrancará este mesmo mes.
Publicidade
No centro de Silleda, poden acercarse na Avda. Recinto Feiral, 15, ou no teléfono 986
592 004, para recibir toda a información necesaria, en horario de 16:00 a 21:00 horas. Ou a
través do correo electrónico escolademusicadesilleda@gmail.com As distintas especialidades son: Música e movemento (3 a 6 anos), iniciación, oboe, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, batería, gaita, piano, guitarra, acordeón, banda infantil, banda xuvenil.
A presentación será o vindeiro xoves 14 ás 20:30 no Auditorio da Semana Verde de
Galicia para todos os pais e alumnos matriculados. As clases comezan a partir do luns
25 de setembro.
Tamén está aberto o plazo de matrícula para as clases de danza que este curso se
retoman na Escola de Música e que comezarán a primeira semana de Outubro. Pódese obter máis información tamén na Escola de Música ou no teléfono 666 674 797.
Publicidade
No centro de Bandeira pódese chamar aos teléfonos 679 586 953 e 646 383 305, para
obter mais información. As especialidades son as seguintes: Música e movemento (3 a
6 anos), INSTRUMENTO E CONXUNTOS A PARTIR DOS 6 ANOS (linguaxe musical, banda
infantil, banda xuvenil, frauta, oboe, fagot, clarinete, saxo, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, batería).
A presentación será o día 13 e o comezo das clases o día 19 de setembro.
Comments