top of page

A Escola de Música de Antas de Ulla amenizou o partido do Breogán

Laura Moure/Antas de Ulla

Este venres o ensaio da Banda de Música de Antas de Ulla foi moi especial, xa que contou coa visita da a Fundación Breogán no marco do proxecto Experiencias Breogán. Pois este domingo, a Escola Banda de Música de Antas de Ulla tocou no partido do Breogán, o

"Tiñamos unha sorpresa máis que tivemos que gardar. Agora xa volo podemos contar! Os nosos músicos e músicas foron convidados ao partido de hoxe (por onte) no Pazo en Lugo. E aquí chega a sorpresa. No descanso baixaron á pista e tocaron ante as 5.000 persoas que presenciaban o encontro fronte ao Valencia Basket. Música e deporte danse a man nun proxecto ben fermoso", destaca o Concello.

"Os músicos e músicas da Banda de Antas de Ulla interpretaron Bella ciao no descanso do partido do Breogán fronte ao Valencia. Ovación de todo o Pazo con Máximus á cabeza. Que orgullosos estamos de todos e todas eles", sinala.


A visita do venres

A visita do Breogán a Antas de Ulla ten que ver coa última parte do proxecto Experiencias Breogán no que colaboran a Fundación Breogán e a empresa local Pazo de Vilane e co que pretenden coñecer e recoñecer o papel da formación musical ao longo dos seus 125 anos de historia.

Desta maneira, o membros do Breogán coñeceron a traxectoria da banda e o seu labor grazas ao percorrido que lles fixo o músico de maior idade, Eduardo Salgado. A Banda agasallounos cunhas camisetas e o libro sobre os 125 anos da formación asinado por todos os músicos e músicas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page