Catas co consello regulador D.O.P. Arzúa Ulloa, masterclasses co Arzúa- Ulloa D.O.P., actividades divulgativas nos centros de educación infantil arzuáns e a elaboración e exposición da réplica doce do cartel do evento conforman a oferta de actividades da EFA
Laura Moure/Arzúa
O centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral colabora activamente
unha edición máis coa Festa do Queixo de Arzúa. Nas instalación do centro arzuán celebraranse catas a cargo do consello regulador D.O.P Arzúa- Ulloa co gallo de afondar nas propiedades nutricionais do produto estrela da comarca.
Hoxe, martes, alumnado do ciclo superior de Educación Infantil do centro arzuán liderará sendas actividades de sensibilización nos centros de educación infantil de Arzúa. O obxetivo é que os escolares coñezan os recursos do territorio da man de materias de refugallo, contos ou manualidades.
Publicidade
Este xoves ás 17.00 horas na Efa Piñeiral celebrarase a masterclass “Paraísos da Arzúa
Ulloa” a cargo da chef Vera Avola na que se poñerá o foco na versatilidade do queixo Arzúa Ulla en diferentes e innovadoras propostas culinaras. A actividade conta con
prazas limitadas, cun custe de 10 euros e a inscrición debe realizarse no 981 500 580.
Publicidade
A réplica doce do cartel anunciador da 49 edición da Festa do Queixo estase ultimando
no obrador da Efa Piñeiral polo alumnado do ciclo de panadaría e repostaría e
presentarase este xoves no propio centro durante a masterclass. Estará exposto durante a fin de semana no stand da organización da Festa do Queixo no recinto feiral.
Publicidade
Xa o sábado pola tarde ás 17 horas, na cociña do recinto feiral alumnado e profesorado do ciclo de panadaría repostaría e confeitaría da Efa Piñeiral impartirán a masterclass “Erase unha vez unha sobremesa de queixo e chocolate”. Ata 15 participantes poden
participar nesta masterclass cuxa inscrición debe realizarse no 981 500 580.
“Non podemos faltar á nosa cita coa Festa do Queixo porque entendemos é unha
ocasión excepcional para contribuir á posta en valor dos recursos do noso territorio e a
apoiar o seu coñecemento, dende os máis cativos ata os presentes e futuros
profesionais de diferentes ámbitos”, afirma a directora da Efa Piñeiral Raquel Carregal.
Comments