A EFA Piñeiral de Arzúa albergou a xornada autonómica da Red Natural Nacional
Estivo focalizada no papel da muller nas iniciativas agroalimentarias
Laura Moure/Arzúa
O venres día 7 tivo lugar na Efa Piñeiral, Arzúa, a xornada autonómica enmarcada dentro do programa A posta en valor das mulleres no sector agroalimentario que Red Rural Nacional (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación) desenvolve para impulsar o
liderazgo feminino.

As iniciativas Casa Grande de Xanceda, Trasdeza Natur (de Silleda), Borboriño Xeados, Doces MamaTeresa e TraloAgro protagonizaron o encontro no que se persegue o fomento do emprendemento e a creación de rede de contactos entre as mulleres do rural, dar a
coñecer os proxectos empresariais, vivencias persoais e laborais e as boas prácticas impulsadas por mulleres rurais como fonte de inspiración para as vindeiras xeracións.
María José Tallón, de Trasdeza Natur, María Bermúdez de Casa Grande de Xanceda,
Sandra Aldrey Martínez de Borboriños Xeados, Andrea González de Doces Mamá
Teresa e Isabelle Gómez de TraloAgro expuxeron os seus proxectos, retos e
inquidanzas futuros ó tempo que coincidiron en afirmar que o rural é medio diferente de
facer as cousas. “Unha empresa non é só un xeito de ganarse a vida, senón un xeito de
facer comunidade. No rural fai falla facer rede, e ir mais alá da venda dun produto”,
afirmou Andrea González de Doces Mamá Teresa.
Un ciclo de dez encontros
Red Rural Nacional impulsa o liderado rural feminino a través dun ciclo de dez
encontros presenciais en toda España organizadas polo seu equipo de Antenas
Rexionais. Boa parte dos eventos realizaranse en centros educativos de estudos
superiores, para que o exemplo das devanditas mulleres poida servir de inspiración ás
alumnas.