top of page
Perruquería Marisa.gif

A EFA Piñeiral de Arzúa acolle esta semana actividades centradas no coidado e educación infantil

Son de balde, pero contan con aforo limitado


Laura Moure/Arzúa

Ó redor da celebración do Día Internacional da Infancia, 20 de novembro, o centro de formación profesional de Arzúa (EFA) acolle ó longo desta semana un programa de actividades sobre educación e coidado infantil. Baixo o lema O benestar da infancia; un desafío compartido alberga actividades con profesionais multidisciplinares que poñen o foco en diversos aspectos do coidado e educación infantil.

A charla coloquio de onte a cargo de Ángeles Santamarta.

A semana arrancou este luns cunha dinámica compartida entre o alumnado dos ciclos de educación infantil e márketing e publicidade do centro arzuán en torno ós aspectos a ter en conta no deseño da cartelística relacionada coa infancia. A este taller sucedeulle a charla coloquio con Ángeles Santamarta, directora do CPR Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa na que se abordou o papel da dirección do centro como garante dos dereitos do benestar dos nenos.


Hoxe, martes ás 09:20 horas, celebraranse as conferencias As familias como base

do benestar da infancia a cargo de Carmen María Martínez, directora do master de orientación familiar da UNIR e Natalia Gómez Ballón, nai de acollida socia e colaboradora da asociación ACOUGO. Asemade, celebrarase o concurso de curtametraxes realizados polo alumnado de primeiro e segundo curso do ciclo de educación infantil sobre a temática dos dereitos da infancia.

A mesa redonda O papel dos educadores infantís no benestar da infancia: escolas infantís e tempo de lecer protagonizará a actividade central do mércores 30. Nela participarán Concepción Fernández López, directora da Galiña Azul de Melide, Mallo Rodríguez Bernal, coordinadora do Centro de educación infantil Dolores Ramos e Nathalie Budiño, responsable da empresa de ocio e tempo libre A Gramola.


O xoves día 01, ás 11 horas, terá lugar a sesión Atención e acollida na aula a nenos con enfermidades de longa duración a cargo de David Vivar, coordinador de Asotrame. Para rematar o programa de actividades o venres a Efa Piñeiral acollerá ás 12:20 horas a conferencia A xurisdicción en familia como garante dos dereitos da infancia impartida por Evaristo Nogueira Pol.   


As actividades son de balde e contan con aforo limitado. Para máis información, pódense comunicar coa Efa Piñeiral no 667 505 657.

128 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page