Laura Moure/Arzúa
Aulas do futuro en educación infantil é a temática escollida da III edición da Semana da Infancia da EFA Piñeiral de Arzúa para abordar dende diferentes perspectivas, e grazas a profesionais multidisciplinares o devir da realidade da educación infantilmnas aulas. Será do 20 ao 24 de novembro. O profesor da U.S.C. Pablo Franco, o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre e o director de “Aula Desafío” Jorge Penabad protagonizaran senllas conferencias a propósito da innovación, tecnoloxía e futuro nas aulas de 0 a 6 anos.
Publicidade
Nos actos da Semana da Infancia na Efa Piñeiral tamén terán lugar as mesas redondas Unha mirada á educación infantil na realidade galega; retos e desafíos a cargo das directoras da Casa Niño Brincadeira, a Galiña Azul de Melide e o P.A.I. de Touro e o debate Diferentes iniciativas de ensinanza aprendizaxe coa infancia no século XXI coa coordinadora de educación infantil do Colexio Manuel Peleteiro-Dolores Ramos, e con responsables da Escola Bosque Nenea e da iniciativa Donde Viven los Cuentos.
Publicidade
O programa das xornadas completarase con cineforum e diversas dinámicas lideradas polo alumnado do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral.
As actividades son de balde e contan con aforo limitado.
Comments