top of page

A directora xeral de Xuventude Cristina Pichel reúnese co alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa

Os alumnos coñeceron os proxectos de Iniciativa Xove e expuxeron o desenvolto por eles sobre xuventude rural


Laura Moure/Arzúa

A directora xeral de Xuventude, a lalinense Cristina Pichel, protagonizou onte un encontro cos profesionais e alumnado dos ciclos formativos da Efa Piñeiral de Arzúa. No acto, Pichel expuxo o actual programa de accións Iniciativa Xove, cuxa finalidade é impulsar proxectos emprendedores protagonizados pola xuventude e grazas ós cales alumnado da Efa Piñeiral en Arzúa recibiron fondos, en anteriores convocatorias, para o inicio de diferentes actividades empresariais vinculadas ó patrimonio gastrocultural ou ó comercio local.

Pola súa banda, os alumnos dos ciclos formativos superiores de Educación Enfantil e Marketing e Publicidade da Efa Piñeiral expuxeronlle á directora xeral algúns dos proxectos nos que neste curso estiveron traballando; como o realizado sobre a problemática e situación da mocidade rural e que tiveron ocasión de presentar, no pasado mes de febreiro, no Congreso en Madrid a deputados e deputadas de diferentes grupos parlamentarios. “Como institución con un claro compromiso coa promoción rural consideramos que é fundamental para a dinamización dos nosos territorios e recursos que os futuros profesionais estén sensibilizados coas problemáticas do seu entorno, pero así tamén coas diferentes liñas de actuacións ás que pode acollerse a xuventude para iniciarse no autoemprego”, afirmou Ana Saavedra, directora da Efa Piñeiral.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page