top of page

A deputada Iria Castro participou na xornada inaugural do Son D´Aldea de Palas de Rei

Laura Moure/Palas de Rei

A deputada Iria Castro asistiu o pasado venres á xornada inaugural do Son de Aldea en Albá, en Palas de Rei, onde participou na presentación do libro “A despedida”, un volume que recolle os guións das representacións teatrais da pasada edición, editado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura explicou "o apoio da Vicepresidencia da Deputación á edición do textos do roteiro teatral, que gardan testemuña da actividade creativa das súas autoras e autores e do léxico específico da zona, que se incorpora aos guións" e destacou "a importancia destas citas culturais que convidan a reflexionar sobre o medio rural".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A presentación do libro desenvolveuse tras un parladoiro sobre os axentes sociais do medio rural no que interviron David Garíca-Romero, Dani Baliñas e Sara Rodríguez da Asociación Avoar e Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e activista en defensa do medio, e que puxo o foco na especial relación que existe en Galiza entre o rural e o mar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Son de Aldea continuou o sábado co roteiro teatral na aldea da Graña, baixo o título "O valor da auga". As representacions comezaron ás 10:00 horas e extendéronse ao longo da mañá. Seguiu a xornada cun xantar popular, e unha tarde animada coa mostra de oficios artesáns e artesanía alimentar, xogos populares con Xotramu, e os concertos de Sheila Patricia e Tiruleque.


ECOS DA COMARCA estivemos no roteiro teatral. Nos vindeiros días publicaremos vídeo. Non o perdades!

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page