top of page

A Deputación e a Diocese de Lugo investirán na restauración de dúas igrexas de Antas e Monterroso

Laura Moure/A Ulloa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves co Bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, o convenio de colaboración polo que a institución provincial achega preto de 220.000 euros á Diocese lucense para a restauración e mellora de nove igrexas históricas da provincia, entre elas dúas da comarca da Ulloa. Pola súa banda, a institución eclesiástica achega outros 220.000€, co cal ambas entidades invisten en total preto de 450.000€ para a mellora e rehabilitación destes bens culturais situados nos concellos de Antas de Ulla, Sarria, Monforte de Lemos, Monterroso, A Pobra do Brollón, O Corgo e A Fonsagrada. 

ree

José Tomé subliñou que con esta achega dende a Deputación “reforzamos o noso compromiso co patrimonio lucense e coas parroquias rurais, porque conservar as igrexas é tamén conservar a historia, a arquitectura e a vida social do noso territorio”. Ademais fixo referencia o mandatario provincial a que as igrexas “non son só espazos de culto, senón lugares de encontro e convivencia que manteñen tamén a cultura e as tradicións”.


As actuacións obras incluídas no convenio consisten fundamentalmente na reparación e renovación de cubertas, eliminación de filtracións, mellora de accesibilidade e acondicionamento de espazos para uso cultural. Concretamente, o documento recolle as seguintes actuacións:


- Musealización da Antiga Igrexa de San Xoán de Antas de Ulla. Conta cun orzamento de case 68.550€. Concretamente, vanse acometer obras de adaptación e melloras importantes que van permitir o seu uso como espazo expositivo e musealización. 

- En Monforte, na igrexa de Santa María de Rozavales, renovarase a pizarra e a madeira que estea en mal estado e colocaranse canalóns semicirculares con 39.300€. Na igrexa de Santa María de Penela, acondicionarase a cuberta con 44.000€; e na de Santa María de Baamoorto restaurarase a tella da cuberta do adro da igrexa con preto de 29.400€.

- Na igrexa de San Xosé de Oural, en Sarria, acometerase cun investimento de case 87.300 euros para a eliminación de humidades ocasionadas pola filtración de auga a través da cuberta de pizarra, mellorar a accesibilidade e a seguridade. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

- Na igrexa de San Salvador de San Breixo, en Monterroso, renovarase tamén a tella da cuberta cun investimento de 39.500€. 

- Así mesmo, na igrexa de San Salvador de Ferreiros, na Pobra de Brollón; na de San Pedro de Arxemil, no Corgo; e na de San Martiño de Robledo, na Fonsagrada, arranxarase en todas elas a cuberta substituíndo a lousa e a madeira en mal estado.  


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page