top of page

A Deputación de Lugo celebrou en Monterroso a diversidade no rural co X Festival Agrocuir

Laura Moure/Monterroso

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou o venres o recinto do Festival Agrocuir da Ulloa, que reivindicou estes días en Monterroso a diversidade sexual e o futuro do rural en diferentes espazos deste municipio. A institución provincial colabora con esta proposta cultural cunha achega económica de 8.000€.

ree


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“É unha mostra de que o rural pode e debe ser un espazo de liberdade, inclusión e cultura. A presenza da Deputación aquí, un ano máis, reafirma o noso compromiso con un territorio máis xusto, diverso e vivo”, destacou Pilar García Porto durante a súa visita.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Festival Agrocuir da Ulloa celebrou xa a súa décima edición, consolidándose como un evento clave para a reivindicación dos dereitos LGTBIQ+ e a promoción cultural nunha contorna tradicionalmente rural. A Deputación de Lugo, a través deste apoio, busca fomentar a diversidade e a igualdade en todas as zonas da provincia, apostando polo desenvolvemento equilibrado e inclusivo do medio rural.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page