top of page

A Deputación de Lugo agradece e recoñece o labor dos bombeiros provincias na vaga de lumes

José Tomé Roca, quen tamén dirixe o Consorcio Provincial de Bombeiros, mantivo un encontro no Pazo de San Marcos cos sarxentos para trasladarlles os parabéns


Laura Moure/Xeral

O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, mantivo no Pazo de San Marcos un encontro cos sarxentos dos parques provinciais para expresar de maneira persoal e institucional o seu agradecemento polo intenso e duro traballo realizado polos bombeiros durante a vaga de lumes que afectou con especial gravidade ao sur da provincia de Lugo e tamén á de Ourense.

ree

Tomé Roca destacou “a profesionalidade, entrega e valentía” dos bombeiros, así como a importancia do traballo en equipo con outras administracións e corpos de emerxencia. “O seu esforzo non só serviu para conter o avance das lapas, senón tamén para protexer vidas, vivendas e o noso patrimonio natural. A súa dedicación é un exemplo para toda a sociedade”, subliñou.


Tomé Roca lembrou que, nos días máis complicados da emerxencia, desprazouse ata Quiroga e A Pobra do Brollón para facer seguimento da situación xunto co Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e alcaldes da Ribeira Sacra, visitando os terreos máis afectados e coñecendo de primeira man o labor dos equipos de extinción.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Desde o primeiro momento estivemos coordinados co Centro de Coordinación Provincial de Loita Contra Incendios (Cecopi), quen dirixiu o operativo, e puxemos todos os medios dispoñibles do Consorcio ao servizo do dispositivo, con lealdade, responsabilidade e solidariedade”, sinalou o Presidente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante a vaga de lumes, o Consorcio Provincial mobilizou efectivos, bombas nodrizas e vehículos de mando dos parques de Monforte de Lemos, Chantada, Viveiro, Vilalba, Barreiros e Sarria. Ademais, segundo as indicacións do Cecopi, reorganizáronse os recursos para garantir que en todo momento estivesen dispoñibles os medios necesarios alí onde eran máis precisos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page