A actuación terá un prazo de execución de dous meses e as empresas interesadas terán ata o 26 de abril para presentar ofertas
A estrada sobre a que se levará a cabo a actuación.
Laura Moure
A Deputación da Coruña saca a licitación por 238.231 euros o proxecto para a mellora da seguridade viaria na estrada que vai de Fonte Díaz a Santa Irene, que une os concellos do Pino e Touro. O deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, explicou que as obras, que contan cun prazo de execución de dous meses, levaranse a cabo nun tramo de 4,6 quilómetros na DP-6602 de Fonte Díaz a Santa Irene.
Concretamente, iniciaranse no PK 0+000 e rematarán no PK 4+655 co obxectivo de mellorar o estado do firme, que está deteriorado polo paso do tempo, e mellorar así a seguridade viaria na zona.
En primeiro lugar, sanearase a capa superficial da estrada e posteriormente dotarase unha nova capa de rodadura constituída por unha mestura asfáltica de cinco centímetros de espesor para rematar coa instalación de nova sinalización horizontal e vertical.
O prazo para presentar ofertas remata o 26 de abril.
Comentários