top of page

A Deputación inicia os trámites de expropiación para mellorar a DP-0605 na Muíña, en Touro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho e construirase unha senda peonil na marxe esquerda da estrada


Ecos da Comarca/Touro

A Deputación da Coruña publicou este venres no Boletín Oficial da Provincia o anuncio do levantamento de actas pravias á ocupación dos terreos dos 26 predios afectados polas obras de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 0605 no lugar de A Muíña, no termo municipal de Touro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os veciños e veciñas propietarios dos terreos etán citados o martes, 28 de novembro, no local social de Quión, en Touro, entre as 16 e as 16:45 horas. As obras prevén o ensanchamento da calzada, que pasará dos 4,80 metros actuais a 7 metros, con carrís de circulación de 3 metros en cada sentido de circulación e beiravías laterais de medio metro.


O proxecto inclúe tamén a construción dunha senda peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda da calzada, o que permitirá circular con seguridade as veciños que ata agora non dispoñen dun paso peonil seguro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As actuación suporá un investimento de 347.551 euros e desenvolveranse entre os puntos quilométricos 5+900 e 6+530, no lugar de A Muíña. O prazo de execución é de seis meses a partir do inicio das obras.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page