Laura Moure/Antas de Ulla
A Deputación de Lugo vén de aprobar a modificación do encargo da Deputación de Lugo a Tragsa para a conservación e mantemento das zonas verdes públicas de titularidade provincial.Así o anunciou este venres a voceira socialista, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que informou que co cambio acordado a institución provincial amplía o investimento a 920.000€ -70.000€ máis que en anualidades anteriores- e amplía os espazos públicos, incorporando o futuro Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, e unha parte do Parque do Rato, en Lugo.
Publicidade
Relatou García Porto que, desta forma, a Deputación faise cargo da conservación e mantemento dun total de 39 espazos verdes, que suman un extensión total de 103,59 hectáreas, e que están situados en 19 concellos da provincia: A Pontenova, Meira, Antas de Ulla, Barreiros, Chantada, Friol, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Lugo, O Incio, Navia de Suarna, O Saviñao, Paradela, A Pastoriza, Portomarín, Sober, O Corgo, Rábade e Quiroga.
Publicidade
Apuntou ademais a Voceira que a modificación inclúe melloras relacionadas coa xestión de residuos, renovación de maquinaria e pequeno material “que garanta o correcto funcionamento deste servizo”.
Publicidade
Comments