top of page

A Deputación aporta 170.000 € a Antas de Ulla para axudar a pagar débedas que arrastra de gobernos anteriores

Permitiralle ao Concello ter máis liquidez, pois esta situación actual impide o normal funcionamento da administración local e pon en risco novos investimentos na localidade


Laura Moure/Antas de Ulla

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, asinaron este venres un acordo a través do que a institución provincial destina 170.000 euros para axudarlle ao Concello ulloán a pagar débedas que arrastra de gobernos anteriores e, deste xeito, avanzar na recuperación da normalidade económica da entidade local.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O mandatario provincial subliñou que esta aportación económica a Antas é unha nova mostra do “compromiso permanente que temos na Deputación de colaborar en todo o que sexa posible cos concellos no que eles necesiten para funcionar mellor e para prestar un mellor servizo público aos seus veciños e veciñas, respectando sempre a súa autonomía local. Son a administración máis próxima ao cidadán e os que mellor saben do que precisan”. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Esta colaboración permitiralle ao Concello de Antas ter máis liquidez, pois esta situación actual impide o normal funcionamento da administración local e pon en risco os novos investimentos. Desta forma, a Deputación axuda a garantir a prestación dos servizos básicos á veciñanza, ao tempo que o Concello tamén pode continuar impulsando accións e políticas que melloren o día a día dos veciños e veciñas, e permítelle pagar polos servizos prestados aos provedores, que en parte son empresas do municipio.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Concello de Antas de Ulla vive unha situación atípica e irregular derivada dos executivos anteriores, tal e como xa explicou a alcaldesa publicamente nunha rolda de prensa, e á que lle dá solución buscando vías de colaboración con outras administracións, neste caso coa Deputación de Lugo, como xa anunciara antes da súa chegada ao Goberno local. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page