top of page

A Deputación adxudica por 191.609 euros a mellora do firme da DP 6602 que conecta O Pino e Touro

Asinouse o contrato para a renovación do pavimento vial que vai de Fonte Díaz a Santa Irene e que rexistra unha media de 1.222 vehículos ao día


Laura Moure/Touro/O Pino

A Deputación vén de adxudicar as obras de renovación do firme da DP 6602 de Fonte Díaz a Santa Irene, unha das principais vías de conexión entre os concellos de Touro e O Pino, nas que se investirán 191.609 euros. As actuacións terán lugar no tramo de 2,3 quilómetros que vai do PK 0+400 ao 2+699, onde se aprecia en diferentes tramos un deterioro importante da calzada, pola que circulan unha media de 1.222 vehículos cada día e que sirve como conexión principal entre os dous municipios.

Esta estrada ao seu paso por Touro.

A actuación consistirá no fresado e reparación do citado tramo do vial e a dotación dunha nova pavimentación de mestura asfáltica en quente de 5 cm d espesor en toda a superficie (35.725 metros cadrados), o que contribuirá a mellorar a seguridade do tráfico. A seguridade peonil é boa xa que alí se construíu unha senda peonil. As obras incluirán o pintado das marcas viais e a sinalización horizontal e vertical.


O prazo de execución das obras é de dous meses, polo que estarán completadas a principios de outono, e durante as mesmas manterase en servizo un dos carrís de circulación en todo momento.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page