top of page

A construción das instalacións permanentes da ITV de Palas recibe os informes favorables

Os prazos estimados de apertura ó público serán a finais de 2027 ou no primeiro trimestre de 2028


Laura Moure/Palas de Rei

As instalacións permanentes da Inspección técnica de vehículos de Palas de Rei recibe os informes favorables de Augas de Galicia e de Patrimonio para a construción das instalacións da ITV. O Concello de Palas, tamén, outorgou a correspondente licencia municipal de Obra e xa procedeu a liquidación das correspondentes tasas de Icio que supoñen preto de 50.000 euros.

O presuposto de execución das obras, será de preto de 2.000.000 de euros que sumado o equipamento e a maquinaria necesaria sumará unha inversión superior ós 3.000.000 de euros en Palas de Rei.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As obras, que serán executadas simultaneamente coas obras de urbanización da terceira fase do Parque Empresarial de Palas de Rei, comenzarán antes de finalizar o ano e teñen un orzamento de contrata de 2.400.000 euros aproximadamente e xerará aparte das parcelas da ITV outras que se porán a disposición dos empresarios locais que as precisen.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Os prazos estimados de apertura ó público da ITV permanente de Palas de Rei serán de finais de 2027 ou no primeiro trimestre de 2028, logo da contratación do persoal necesario que se cifra entorno a unha ducia de traballadores que prestarán servizo á Ulloa e os concellos limítrofes do centro de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page