top of page

"A conselleira de Medio Ambiente terá que explicar no Parlamento por denegar dúas axudas a Melide"

O PSOE será o que preguntará sobre esta cuestión e en concreto fala das subvencións da creación dun sendeiro fluvial polo río Furelos e a mellora da Fonte de San Xoán de Furelos"


Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Parlamentario do PSdeG, a instancia dos socialistas de Melide, presenta iniciativas para que a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, explique "as decisións que marxinan a Melide con respecto a outros concellos".


"Indígnanos a denegación de subvencións sen motivación suficiente ou con argumentos máis que dubidosos. A causa de que solicitudes foron presentadas correctamente, cumpren os requisitos esixidos na convocatoria e son actuacións subvencionables".

Captura enviada polo socialistas.

Indica que xa no ano 2020 foi denegada unha actuación que se trataba da “Mellora da Fonte de San Xoán de Furelos”, que o final realizouse, "pero tivo que ser sufragada con

fondos da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés". "A obra planificada

polo Goberno Local puxo en valor unha zona e unha fonte moi queridas pola veciñanza, a cal acolleu de moi bo grado a actuación", resaltan os socialistas.


A segunda denegación, indican, que ten data do 30 de agosto do 2022 e foi recorrida en reposición por “falta de motivación” e por “cumprimento dos requisitos establecidos na orde”, pretende iniciar a creación dunha “Senda Fluvial polo Río Furelos”, que pasando pola aldea do mesmo nome, tería unha lonxitude aproximada de cinco quilómetros tal e como explican."Isto, co obxectivo de poñer en valor e difundir os valores ambientais do Río Furelos, así como dotar a Melide dunha zona importante para o ocio e o deporte".

O voceiro do PSdeG-PSOE melidense, Jose A. Prado, afirma: “Resúltannos incompresibles e inexplicables as decisións da Consellería de Medio Ambiente porque carecen de argumentos, e o que é máis grave, porque na orde de concesión aparecen aprobadas 20 actuacións iguais ou semellantes noutros concellos”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page