top of page

A científica agoladesa Marisol Soengas recibiu hoxe o LXV Premio Fernández-Latorre

Rueda salienta a contribución á ciencia desta veciña das comarcas, referente mundial na loita contra o melanoma


Laura Moure/Agolada

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a contribución á ciencia que realizan investigadores galegos como a agoladesa Marisol Soengas, un referente mundial na loita contra o melanoma e que hoxe recibiu o LXV Premio Fernández-Latorre.


Publicidade

Durante o acto de entrega, Rueda destacou o gran labor da xefa do Grupo do Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e presidenta da Asociación Española de Investigación contra el Cáncer para avanzar na prevención e loita contra esta enfermidade, o que repercute na calidade de vida dos cidadáns e contribúe “a que o mundo sexa mellor”.


O presidente asegurou que é un orgullo que unha científica como Marisol Soengas “sexa galega” e asegurou que o seu éxito permite construír pontes que unen a mulleres e homes e crean comunidade. Os logros dos investigadores galegos, subliñou, fan que “o fogar común que chamamos Galicia” sexa aínda “máis grande, máis forte e máis noso”.


Publicidade

Do mesmo xeito, Rueda asegurou que os medios de comunicación -como a corporación Voz de Galicia que organiza este galardón- son tamén grandes pontes entre o pasado e o presente da comunidade e entre esta autonomía e o resto de España e Europa. O presidente salientou o papel dos medios para crear un espazo común no que debater e conversar.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page