top of page

A casa do maior de Antas de Ulla xa conta con todos os permisos para recibir aos usuarios

Terá cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos, válidas ou coa dependencia recoñecida en grao I ou II


Laura Moure/Antas de Ulla

A casa do maior de Antas de Ulla xa pode recibir aos seus usuarios e usuarias xa que conta con todos os permisos para recibir aos seus usuarios e usuarias, tal e como informa o Concello. Esta está emprazada na Rúa Chantada, número 16, fronte á Praza Nova. Este novo proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do propio Concello.

Instalacións da casa do maior de Antas de Ulla.

As casas do maior son pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna. "A Casa do Maior terá cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos, válidas ou coa dependencia recoñecida en grao I ou II. Contarán con servizo de transporte, servizo de comida e diferentes actividades, xogos e terapias", indica o Concello.


O servizo prestarase durante oito horas ao día e o horario de atención será de 9:30 a 17:30 horas, aínda que dependerá da demanda dos usuarios e usuarias.

As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da traballadora social do Concello de Antas de Ulla, onde poden facer as súas inscricións. Os interesados poden obter máis información a través do teléfono 605 970 081 (Fernando). "Este é un servizo personalizado e moi necesario para o coidado dos nosos maiores", recalca a administración local.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page