top of page

A Casa do Maior de Antas de Ulla abrirá as súas portas en novembro

Dispoñerá de cinco prazas e contará co servizo de transporte, servizo de comida e diferentes actividades, xogos e terapias


Laura Moure/Antas de Ulla

A mediados do mes de novembro abrirá as súas portas a primeira Casa do Maior de Antas de Ulla baixo o nome 'A Casa do Maior de Antas de Ulla' emprazada na Rúa Chantada, Nº 16, fronte á Praza Nova. Este novo proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello.

As Casas do Maior son pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

A Casa do Maior terá cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos, válidas ou coa dependencia recoñecida en grao I ou II. Contarán con servizo de transporte, servizo de comida e diferentes actividades, xogos e terapias.


O horario

O horario de atención será de 9:30 a 17:30 horas, aínda que dependerá da demanda dos usuarios e usuarias.

O servizo préstase durante oito horas ao día. As persoas interesadas poden dirixirse á Oficina da Traballadora Social do Concello de Antas de Ulla, onde poden facer as súas inscricións. Para consultas ou dúbidas poden chamar ao promotor do proxecto, Fernando, ao 605 970 081.


"É un servizo personalizado e moi necesario para o coidado dos nosos maiores", recalca o Concello.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page