top of page

A Casa da Cultura de Arzúa acolle a proxección do documental 'Os Camiños de Elías'

Isto coincide co 30 aniversario da declaración, por parte da Unesco, do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial


Laura Moure/Arzúa

A Casa cultura de Arzúa acollerá o vindeiro venres 10 de novembro a proxección do documental O Camiño de Elías, to coincidindo co 30 aniversario da declaración, por parte da Unesco, do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

𝗘𝗹𝗶́𝗮𝘀 𝗩𝗮𝗹𝗶𝗻̃𝗮 foi párroco de O Cebreiro, pioneiro na promoción do Camiño de Santiago e "pai" da frecha amarela que guía aos peregrin@s ao longo do Camiño. Unha sinalética que situou a ruta xacobea no mundo e serviu u como elemento iconográfico senlleiro para os camiñantes a Compostela.


O cura Valiñas converteuse nun dos principais investigadores e divulgadores do patrimonio cultural, monumental e paisaxístico que atesoura a senda que cada ano reúne a centos de miles romeiros a Santiago. Ademais de marcar desde Roncesvalles, mediante frechas coa pintura de obra que lle facilitaron, o sacerdote lugués escribiu unha das primeiras guías de recursos do camiño a Compostela.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A vicepresidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e concelleira de Turismo en Arzúa, Begoña Balado, anima a todos os veciños e veciñas de Arzúa a que asistan a proxección do documental que terá as 12:30 horas na Casa da Cultura e visiten a exposición na que atoparán moitos elementos de interese para entender a importancia do Camiño en Arzúa.


Para Begoña Balado “ este documental e esta exposición explica o noso modelo de vida e hospitalidade que caracteriza as vilas que se foron desenvolvendo ás beiras do Camiño de Santiago”. O acto de presentación contará coa presencia do director do documental Aser Álvarez e co concelleiro de Educación de Arzúa, Miguel Ángel Vallo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page