Ten como saída a praza de Palas de Rei e como meta a localidade melidense

Participantes nunha edición desta carreira.
Autor: Os 21 do Camiño
Laura Moure
Para os 21 do Camiño esta de 2021 é unha edición especial, xa non só por non poder celebrala o ano pasado, senón porque a carreira discorre na súa maioría polo Camiño de Santiago e 2021 é Ano Xacobeo. "Estivemos agardando para ver como evolucionaba a situación e tomar unha decisión sobre a carreira e esta foi a seguinte: Os 21 do Camiño 2021 celebraráse o 4 de setembro. Todos aqueles que desexedes anular a vosa inscrición podedes facelo dendo o 5 de abril ata o 30 dese mesmo mes mandando un email a consulta@championchipnorte.com", informa o organización do evento.
Unha vez devoltos os dorsáis a inscrición quedará de novo aberta o 19 de xuño. "Isto todo queda supediado a que a evolución da pandemia nos permita facer Os 21 do Camiño como entendemos que deben ser, xa que queremos desfrutar dun día coa familia dos 21 e non celebrar unha carreira máis. Somos optimistas en canto a celebración da carreira, pero se a pandemia non nos permite celebrala, comunicarémolo o 14 de agosto e cancelaremos a carreira coa posterior devolución do importe dos dorsais a todos os corredores", sinala a organización a través dun comunicado.
A carreira arrancará ás 18:00 horas con saída desde a praza de Palas de Rei e a meta será a localidade de Melide.
Os interesados poden obter máis información na páxina web https://os21docamino.com
Comments