top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Capela da Madanela acolle este mes unha mostra de pintura e fotografía en homenaxe á muller rural

Arrancaron as actividades das escolas deportivas e culturais neste municipio


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que, dentro da programación cultural Outono a escena, este xoves 5 de outubro ás 19:00 horas inaugurarase con motivo do Día Internacional da Muller Rural o 15 de outubro, a mostra específica Homenaxe á Muller Rural, comisariada por Cristina Carballedo, na Capela da Madanela. O acto de inauguración contará cunha degustación de queixo en colaboración coa Queixería Verbas. O Departamento de Cultura quere aproveitar este tipo de actos para dar visibilidade ás diferentes queixerías e tipos de queixo que se elaboran en Arzúa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta mostra realízase dentro dunha programación expositiva anual froito dun convenio coa comisaria da mesma. Este proxecto expositivo comenzou a pasada Semana Santa coa mostra O mosteiro, Arte Relixiosa Contemporánea, á que seguiron seis exposicións máis superando en total as 9.700 visitas.

Esta titulada Homenaxe á muller rural poderase ver ata o 21 de outubro en horario de 18:30 a 20:30 horas de xoves a sábados e tamén durante os espectáculos que terán lugar ata entón na Capela da Madanela. Nela participan un total de 18 artistas: Antonio Abad, Maica Alonso, Pedro Castro, Andres G. Shuttelworth, María José Leira, Lomarti, Miguel Anxo Macía, Adolfina Mesa, Novais, Rebeca Novo, Montse Pernas, María José Plata, Pedro Rascado, Xosé Reigosa, Xermán Refojo, Manuel Rodríguez, Peña Romay e Silvátiica.


O concelleiro de Cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a “participar neste acto inaugural aberto ao público para desfrutar da exposición e compartir un momento de lecer con artistas e veciños o que nos permitirá coñecer máis a fondo a obra”. Ademais, destacou a temática da mostra por tratarse dunha “humilde pero merecida homenaxe á muller rural”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, este luns deron comezo no Concello de Arzúa as actividades das escolas municipais para o curso 2023-2024. O concelleiro Daniel Moscoso acompañado do técnico de deportes Jesús Otero (Pachal) visitou as instalacións no Multiusos onde estaba a celebrarse a primeira clase de ximnasia de mantemento, desculpou a ausencia do alcalde Xoan Xesús Carril responsable de Deportes, que por motivos persoais non puido acudir.


En palabras de Daniel Moscoso "é moi importante a práctica de actividades deportivas a todas as idades, pero necesaria nos maiores, non só por conservar e mellorar a forza para manterse independentes, evitar o risco de caídas e lesións, senón porque supón unha forma de socializar e mellorar as relacións entre todas e todos vós" Trasladoulles, ademais as palabras do alcalde " é unha satisfación ver que ano a ano medra a participación nas actividades ofertadas desde o Concello traballaremos para ampliar e mellorar a oferta e as instalacións."

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page