top of page

A campaña "Volta ao cole" da AED sorteará 40 vales de compra de 50 euros cada un

Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín sortearán un total de 2.000 euros en vales de compra -40 vales de compra de 50 euros cada un- dentro da campaña “Volta ao cole”, que comeza hoxe e que se prolongará ata o

vindeiro 30 de setembro.

Os establecementos comerciais asociados á AED recibiron estes días talonarios de rifas para entregar aos clientes con cada compra realizada desde hoxe ata o día 30 de setembro. A dinámica desta acción promocional inclúe a realización de tres sorteos: no primeiro, o martes 13 de setembro, sortearanse 10 vales de 50 euros cada un entre as rifas correspondentes ás compras realizadas entre os días 8 e 11; no segundo, o martes 20 de setembro, sortearanse outros 10 vales de 50 euros cada un entre as rifas repartidas do 12 ao 18 de setembro; e no terceiro, o martes 4 de outubro, sortearanse 20 vales de 50

euros cada un entre as rifas correspondentes as compras efectuadas do 19 ao 30 de setembro.

Segundo as bases da campaña, os números das rifas agraciadas nos tres sorteos iranse publicando nesta mesma páxina e os vales de compra poderán canxearse nos comercios asociados ata finais do mes de outubro.


Ademais, a asociación ten previsto organizar o día 30 de setembro unha festa de final da campaña “Volta ao cole”, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page