top of page
Perruquería Marisa.gif

A Cabalgata de Reis de Vila de Cruces será estática e terá lugar no auditorio municipal Xosé Casal

Laura Moure/Vila de Cruces

Fronte a outras localidades galegas que anularon os desfiles do Nadal debido á disparada propagación da Covid-19 en Galicia e ás restricións, Vila de Cruces recibirá ás súas Maxestades de Oriente "como sempre fixemos, con gran entusiasmo. E por tanto, as nenas e nenas de Vila de Cruces terán aos Reis Magos e por suposto, poderán recoller os seus agasallos", informa o tenente de alcalde cruceño, Julio López.


Julio López resolveu así una das dúbidas que estaba pendente: o formato. A priori ía ser en movemento pola tarde. Finalmente, será estática no Auditorio Municipal Xosé Casal este 5 de xaneiro ás 18:30 horas. "Esta decisión tómase polo gran avance que se está sufrindo nos contaxios da Covid-19 en Galicia, e a meteoroloxía, que parece que non vai ser a máis adecuada para realizar este evento en exteriores", subliña o Concello.


Con todo, as súas Maxestades solicitaron que todos os nenos, nenas e os seus acompañantes cumpran coas normas vixentes de seguridade e así eles poderán esa noite seguir traballando para que cando se esperten pola mañá todos teñas os seus agasallos desexados.


222 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page