top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o certame de poesía infantil ‘Nadal 2021’

O prazo para presentar os traballos remata o 30 de decembro


Laura Moure/Antas de Ulla

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o certame de poesía infantil

‘Nadal 2021’ cuxas bases vén de facer públicas a través da páxina web do Concello de

Antas de Ulla e das redes sociais oficias.


Estas son as seguintes:

  1. Poden participar todos os nenos e nenas, con poemas cuxa temática sexa O Nadal.

  2. Establécense tres categorías: A: ata 8 anos; B: de 9 a 11 anos e C: de 12 a 16 anos.

  3. Cada autor/a poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografados, escritos a computadora ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor/a.

  4. O prazo de presentación dos poemas rematará o 30 de decembro de 2021, debendo ser entregados polos seus autores/as na Biblioteca Pública Municipal.

  5. Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores/as seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros ou material escolar.

  6. Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

  7. O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2022.

  8. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

  9. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

  10. A presentación das obras a este certame supoñen a aceptación das presentes bases.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page