Preténdese acercar así os servizos desta aos centros educativos da localidade
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei acondicionará un espazo na Casa de Cultura para adicalo a biblioteca. Con esta medida, o Concello palense pretente abrir un novo espazo, con maior superficie, case o dobre de metros cadrados cas actuais instalacións sitas na Avenida de
Compostela do casco urbano palense.

Desta forma, preténdese acercar os servizos que ofrece a biblioteca municipal aos centros educativos (colexio e instituto) ao fin de facilitar o seu acceso á Comunidade Educativa, tal e como indica o Concello. Con esta medida, pásase de 57 a case 110 metros cadrados de superficie útil, adicada a dependencias da biblioteca.
As obras que comezarán nos vindeiros días, teñen un presuposto de 10.000 euros e serán executadas pola brigada municipal durante a época estival. A idea, según confirma o rexedor palense, Pablo Taboada, sería que “a biblioteca entrase en funcionamento, nesta nova localización, nos primeiros días de outono”
Comentarios