top of page

A Biblioteca de Antas Ulla convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023

O prazo de presentación dos traballos finalizará o próximo 12 de maio


Laura Moure/Antas de Ulla

A Biblioteca de Antas Ulla convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas na súa fase local. Poden participar todas as nenas e nenos con: Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuació e con debuxos, feitos sobre papel ou cartulina tamaño DIN A4.

O tema proposto en ambos casos é:“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que convidan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con cheiros, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxeño … Pero tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha librería ou a traballar nunha biblioteca. XOGAR + LER = VIVIR


Publicidade

Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

Tres categorías

Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos. O prazo de presentación dos traballos finalizará o próximo 12 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na biblioteca municipal.


Publicidade

O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.


Publicidade

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado e a presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page